EnsiLabs presenta a aplicación de turismo de Sada

//EnsiLabs presenta a aplicación de turismo de Sada

EnsiLabs presenta a aplicación de turismo de Sada

EnsiLabs presentou onte pola tarde na Capela de San Roque a aplicación de turismo do Concello de Sada para dispositivos móviles Android.

Foi desenvolvida en colaboración con Mr. Flópez Creative Factory e co persoal do Concello.
Nela podemos consultar información sobre Sada (historia, edificios oficiais, festas…), que lugares turísticos se poden visitar (lugares de interese cultural ou arquitectónico, paisaxísticos, rutas de sendeirismo…) e que restaurantes, bares, pubs, hostais ou comercios hai. Tamén se poden visualizar as novas relacionadas co turismo de dito concello e acceder de xeito sinxelo aos teléfonos e ubicacións dos principais servizos básicos coma o centro de saúde, a policía, farmacias, etc.

Cunha interface amigable e sinxela, esta app facilita a busca dos diferentes locais, edificios e información de interese a calquera persoa que o necesite.
Unha vez instalada, non é necesario ter conexión a internet para utilizala.

Está dispoñible en tres linguas: galego, castelán e inglés.

Xa se pode descargar desde o PlayStore de Google.

By | 2017-02-18T19:23:09+00:00 04 febrero 2017|App Turismo|0 Comments

About the Author:

Leave A Comment