EnsiLabs: XXVIII Betabeers Galicia (A Coruña)

/, Varios/EnsiLabs: XXVIII Betabeers Galicia (A Coruña)

EnsiLabs: XXVIII Betabeers Galicia (A Coruña)

2019-01-11T12:28:52+00:0014/Xuñ/2017|Categories: GeoTask, Varios|
O día 8 de xuño de 2017, Yago Modesto González – enxeñeiro informático e cofundador de EnsiLabs- foi o encargado de dar a charla técnica do XXVIII BetaBeers Galicia que tivo lugar en WeKCo (A Coruña).
Nste evento, Modesto explicou como realizar un proxecto software con poucos recursos, tanto económicos coma humanos. Isto é necesario nas empresas como EnsiLabs que contan con poucos membros e o seu capital é limitado.
Debido a que o proxecto Geotask o requiría, abordáronse tres aspectos diferentes: unha aplicación móbil, unha aplicación web e un backend.
Modesto mencionou que o backend segue unha arquitectura SOA desde a que se ofrece servizo ás dúas aplicacións, a móbil e a web, as cales se conectan mediante una mesma API ao servidor. Para levar a cabo un desenvolvemento rápido e de calidade, en dito backend utilizáronse tecnoloxías coma Orika Mapper, Hibernate Envers, Spring Data JPA ou Hibernate Validator, entre outras.
En canto á aplicación web, comentou que unha boa forma de abordar o problema é mediante Angular.io aproveitándose do seu potencial para o desenvolvemento de aplicacións complexas e de Typescript, que aporta características de linguaxes modernas a JavaScript.
En relación coa aplicación móbil, mostrou como é posible desenvolvela aproveitándonos do coñecemento e do código xa usados na parte web. Para elo presentou Ionic Angular e algúns consellos de uso de plugins nativos para dar á aplicación un aspecto máis profesional e un mellor rendemento.

Novas recentes

Categorías

Si continuas utilizando este sitio, aceptas la política de cookies.

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Pechar