Viravolta estrea tenda online

//Viravolta estrea tenda online

Viravolta estrea tenda online

2019-01-11T12:46:01+00:0015/Mar/2017|Categories: Clientes|

Viravolta é unha tenda multimarca de roupa de muller especializada en tallas grandes. Traballan coas mellores marcas do sector, apostando pola calidade dos fabricantes españois. Ofrecen a mellor moda actual sen renunciar ao deseño e á comodidade.

Segundo Viravolta: “Nin as curvas nin as tallas son impedimentos para crear looks actuais e con estilo”. Tendo iso como máxima, Silvia Romero e Pilar Taibo decidiron abrir a súa propia tenda e aportar o seu traballo e esforzo á normalización das tallas grandes no mundo da moda. “Hai vida máis alá da talla 36, nin mellor nin peor, unha vida. Todas somos mulleres, todas somos normais e todas temos dereito a nos sentir ben con nós mesmas”, afirman.

Levan tempo vestindo a grandes mulleres na súa tienda da Rúa Venezuela 4, en Betanzos (A Coruña) e actualmente deron un grande salto ofrecendo os seus produtos vía internet, a través da súa tenda online:  www.viravoltatallasgrandes.com.

Novas recentes

Categorías

Si continuas utilizando este sitio, aceptas la política de cookies.

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Pechar