Por mor do estado de alarma declarado polo Goberno de España, debido á pandemia do COVID-19 que está prexudicando a moreas de países en todo o mundo, desde EnsiLabs queremos comunicar o seguinte:

  • Por recomendación do Ministerio de Sanidade e por responsabilidade para evitar a propagación do virus, a partires desta data e ata novo aviso, a nosa oficina manterase pechada ao público.
  • O noso persoal tampouco realizará nin recibirá visitas de ningún tipo fóra das nosas oficinas. No seu lugar, reunirémonos por videoconferencia.
  • Así mesmo, apostaremos polo teletraballo e as nosas canles habituais de contacto seguirán operativas no horario habitual.
  • Para calquera consulta, enviar un correo electrónico a info@ensilabs.com.

Sentimos enormemente as molestias que isto poida ocasionar no día a día aos nosos clientes e provedores, pero consideramos que o primordial é contribuír canto antes a frear o crecemento desta pandemia. Para elo, cremos que tod@s debemos seguir os consellos e recomendacións das autoridades sanitarias do Estado, da Xunta de Galicia e locais.

Para máis información sobre o virus, chamar ao teléfono 900 400 116.

Novas recentes

Categorías