Xestión de tarefas e xeolocalización

GeoTask é unha ferramenta pensada e deseñada para a optimización dos recursos dunha organización e para facilitar, tanto aos traballadores que xestionan tarefas coma aos que as realizan, o seu traballo diario.

Consiste no conxunto dunha aplicación web e una aplicación móbil destinado á xestión da xeolocalización de traballadores e á xestión de tarefas a través de smartphone.

Solicita información

GeoTask

  1. Xestión sinxela das tarefas.
  2. Asignación das ordes de traballo en base a enderezos.
  3. Comunicación bidireccional entre o xestor/administrador e o traballador.
  4. Histórico das rutas realizadas.
  5. Uso de mapas Here que permiten unha busca eficiente e unha maior calidade na visualización.
  6. Localización instantánea sen instalación de dispositivos GPS.
  7. Despregamento sinxelo sen necesidade de hardware adicional.

Tanto a aplicación web como a aplicación móbil están deseñadas e programadas totalmente polo equipo de enxeñeiros software de EnsiLabs, coidando ao máximo o rendemento, usabilidade e aspecto.

Co seu uso, os nosos clientes conseguen aforrar nos custos de xestión e evitan, de xeito sinxelo, quilómetros innecesarios nas rutas.

A aplicación web está destinada á xestión eficiente das ordes de traballo a través dunha interface intuitiva. Permite:

  • asignar tarefas aos traballadores,
  • ver e cambiar os estados nos que se atopan,
  • visualizar o traballo no mapa,
  • revisar as incidencias,
  • reasignar o traballo.

Todo elo de xeito moi sinxelo.

A sección de usuarios da aplicación web permite:

  • a localización no mapa de todos os usuarios que levan a aplicación móbil instalada e configurada no smartphone,
  • a visualización dos históricos de rutas realizadas,
  • ver as paradas levadas a cabo.

Todo elo coa finalidade de estudo para melloras e optimizacións por parte da organización.

A aplicación móbil instálase nos smartphones e permite ao traballador:

  • organizar as súas tarefas,
  • actualizar os estados de ditas tarefas,
  • navegar a destinos de xeito sinxelo,
  • marcar incidencias, etc.

Está optimizada para minimizar o uso de batería e datos sen descoidar o rendemento.

Contacta con EnsiLabs

Solicita unha proba ou máis información