O proxecto empresarial EnsiLabs Enllo foi calificado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia como iEBT (iniciativa de Empresa de Base Tecnolóxica).

Son cualificadas deste xeito aquelas empresas que basean a súa actividade principal na innovación e aplicación de novos descubrimentos científicos ou tecnolóxicos para a creación de novos produtos, procesos ou servizos.

A Xunta de Galicia considerou que EnsiLabs Enllo é merecedora deste selo de calidade e inscribiuna no correspondente rexistro administrativo en outubro do 2019.

Novas recentes

Categorías