EnsiLabs e Mr. Flópez Creative Factory presentaron onte pola mañá na Oficina de Turismo a aplicación de turismo e comercios do Concello de Arteixo para móbiles Android e iPhones.

Nesta app, podemos consultar información sobre Arteixo (historia, centros sociais, edificios oficiais, festas…), que lugares turísticos se poden visitar (lugares de interese cultural ou arquitectónico, natureza, praias, roteiros…) e que restaurantes, bares, pubs, hoteis ou comercios hai. Tamén se poden visualizar as novas relativas ao Concello e acceder de xeito sinxelo aos teléfonos e ubicacións dos principais servizos básicos coma o centro de saúde, a policía, farmacias, etc.

Cunha interface amigable e sinxela, esta app facilita a busca dos diferentes locais, edificios e información de interese a calquera persoa que o necesite. Unha vez instalada, non é necesario ter conexión a internet para utilizala. Ademais, dispón dun sistema de notificacións co que se avisará ao usuario dos eventos próximos de interese.

Está dispoñible en tres linguas: Galego, castelán e inglés. E xa se pode descargar para:

Novas recentes

Categorías